FISTERRA CO DEPORTE
20-06-2016
O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades deportivas durante os meses de xullo e agosto:
-CURSO DE VELA (Xullo e Agosto): Iniciación e Perfeccionamento para rapaces e rapazas de 6 a 18 anos.
O curso inclúe vela, kayak e snorkel.
Prezo: 20€ (si teñen a licenza federativa en vigor o curso sairalle gratuito)
-EXCURSIÓN JUMPING (5 de xullo): Para rapaces de rapazas de 6 a 18 anos.
.Actividades a realizar: Saltos nas camas elásticas jumping, olimpiadas jumping e piscina de espuma.
.Prezo: 15€(inclúe desprazamento, comida e calcetíns antideslizantes)
-MULTIAVENTURA (28 de xullo): Para rapaces e rapazas de 7 a 18 anos.
.Actividades a realizar: Gymkana, tiro a diana, paintball, regata de kayak e tirolina.
.Hora de saída: 9:15h da parada de buses e teñen que levar a súa comida.
.Prezo: 15€
-DÍA DA BICI (29 de xullo): Para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos)
. A partir das 11:00h no campo da Igrexa nun circuíto pechado no que non sairán a estrada.
-TRIMARATÓN (mes de xullo): Para rapaces e rapazas de 6 a 18 anos.
.Lugar: Praia da Langosteira
.Actividades a realizar: fútbol praia, volei praia e brilé.
.Nota: O 4 de xullo, ás 11:30 farase unha reunión para facer os equipos no baixo do concello.
-TORNEO DE TENIS (1º quincena de agosto): Para rapaces e rapazas de 12 a 18 anos
.Data límite de inscrición: 31 de xullo
-TALLER DE XOGOS (2º quincena de agosto): Para rapaces e rapazas de 5 a 12 anos.
.Os grupos e horarios faranse unha vez anotados os nen@s.
-FÚTBOL VERÁN: Máis información no Concello de Fisterra ou en http://www.dajosto.com/
-ACTIVIDADES DE PILATES (mes de xullo):
.Turnos de mañán na sala polivalente
.Prazo de inscrición: Do 27 ó 30 de xuño.
INCRICIÓNS E INFORMACIÓN:
.Lugar: Oficina Municipal de Deportes
.Prazo: Do 27 ó 30 de xuño
.Horario: De 10:00 a 13:00h
.Teléfono de información: 981740001