ANDAINAS 2017
15-03-2017
O vindeiro 1 de abril arranca unha nova edición de Andainas pola Costa da Morte.
ANDAINAS:
- 1 de abril: Dumbría
- 8 de abril: Cee
- 22 de abril: Ponteceso
- 6 de maio: Camariñas
- 13 de maio: Muxía
- 20 de maio: Corcubión e Fisterra
- 3 de xuño: Vimianzo
- 10 de xuño: Mazaricos
DISTANCIAS E HORARIOS:
-As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15Km.
-A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno
-As andainas comezarán ás 10:00 am. e rematarán entre as 13:00 e as 14:00 pm. dependendo do traxecto.
INSCRICIÓNS:
-Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.
-Poderán participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización
-O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.
-Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidentes.
BUSES:
-Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida da ruta.
Máis información no departamento de deportes do Concello de Fisterra ou no tlf:981740001