PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
30-05-2018
O Concello de Fisterra informa a todos os veciños/as das parroquias de Sardiñeiro, San Martiño, San Vicenzo de Duio e da parroquia de Santa María de Fisterra (nesta última parroquia só aquelas vivendas por onde discorre o trazado do Camiño de Santiago) das obras subvencionables e da documentación necesaria para acadar a cualificación provisional que inicia o procedemento de solicitude da axuda para a rehabilitación de vivendas.
Para máis información técnica poden solicitar cita nas oficinas municipais, no tlf.:981 740 001 (de 9:00 a 14:00h) ou no correo electrónico consultas.urbanismo@concellofisterra.gal