Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Servizos sociais


Atención primaria

Son un sistema integrado de protección social orientado á prestación programada de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e á participación das persoas ou grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención, así coma á prevención e eliminación das causas que están na orixe destas situacións.

O servizo neste Concello ven funcionando dende 1987, aínda que non conta con persoal propio e exclusivo ata cinco anos máis tarde.

Os principais obxectivos e dacordo coa Ley 4/1993 de Servizos Sociais son:

  1. Detectar e analizar as necesidades sociais da comunidade.
  2. Informar, orientar e asesorar sobre os dereitos sociais e do procedemento para exercitalos.
  3. Previr no ámbito comunitario.
  4. Insertar ás persoas e/ou grupos marxinados e/ou excluídos.
  5. Promover o desenvolvemento comunitario.
  6. Impulsar o voluntariado para unha mellor e maior cooperación e solidaridade social da comunidade.

Para a consecución destos obxectivos lévanse a cabo os seguintes programas:

  1. PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO, sobre os recursos existentes e posibilidades de superación en situacións carenciais ou problemáticas de individuos, grupos ou da comunidade.
  2. PROGRAMAS DE INSERCCIÓN SOCIAL: programa de emerxencia social, programa de educación familiar e programa de apoio a terapias de tratamento.
  3. PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR: consiste nun conxunto de atencións de carácter doméstico, social, persoal ou educativo aos cidadáns no seu medio.
  4. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO: Iniciado no ano 2003, para actuar en programas de Servizos Sociais.

O personal co que conta o Concello para a prestación dos Servizos Sociais son: Traballadora Social, Auxiliar Administrativa, Educadora Familiar e 3 Auxiliares de axuda a domicilio.

Compartir: