Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Servizos sociais


Axuda a domicilio

O programa de Axuda a Domicilio ten por obxecto prestar un conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora, aos/ás cidadáns/ás no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización, mentres isto sexa convinte e recomendable.

As prestacións que se ofrecen neste servizo son: de carácter persoal, de carácter doméstico e/o de carácter técnico ou complementario.

O programa réxese polo regulamento municipal do servizo aprobado en Pleno o 5 de xuño de 2017, e publicado no BOP da Coruña do 21 de agosto do 217

Este programa está financiado polo Concello de Fisterra, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

 

Compartir: