Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Fisterra


Ermida de San Guillermo

Esta ermida mantén dende tempo inmemorial un misterioso diálogo co Monte Pindo.

Sito nun alto do Monte do Facho, mirando cara o interior da ría e ao Monte Pindo, atópanse os restos dunha ermida, que foi destruída no século XVIII, asociada ao Ara Solis (culto ao sol) e relacionada con ritos de fecundidade, pois segundo a tradición, nunha gran lousa horizontal, durmían os matrimonios estériles para concebir fillos.

Esta ermida foi probablemente a morada dun ermitaño, que algúns historiadores pensan que puido ser o Duque de Aquitania, Guillermo X, que peregrinou a Santiago no S.XI e que morreu ao chegar a Santiago sendo inmortalizado polo pobo co pseudónimo de Don Gaiferos aínda que seguramente sexa o resultado da cristianización dun lugar de culto pagán. Tamén pode ser outro San Guillermo coñecido polo nome de Gellone, que viviu en tempos de Carlomagno, a quen se lle vía transportar pelexos de viño sobre un asno. Esta versión coincide coa lenda do barril de viño que en 1581 relátanos Erich Lassota, nobre peregrino checo que camiñou a pé ata Fisterra.

En Fisterra, recorda Mr. Borrow segundo a tradición de toda a antiga cristiandade, Santiago, o santo patrón de España, predicou o evanxeo aos idólatras españois. E o P Catoira escribe que no ano 1744, segundo afirma J.E.Rivadulla Porta, que a ermida de Finisterre, por tradición daquel reino, tense habela erixido o noso Santiago, cando destruíu naquel sitio o bárbaro culto que os xentís daban ao sol, na dilatada planicie daquel monte, que chaman Ara Solis.

Hai restos de muros laterais que se prolongaban cara unha enorme rocha que pechaba o recinto, onde aínda se conserva o leito de pedra, con representacións solares e un sepulcro antropomorfo que aínda se conserva na súa primitiva situación.

Para chegar aos restos desta ermida, hai que tomar a estrada que leva ao faro e a uns 300m antes de chegar hai unha subida á dereita que se dirixe á antiga estación de radiotelegrafía, desta parte unha pista de barro que nos leva á ermida sita a uns 400m.

A prolongación da peregrinaxe a Fisterra é, tras o Camiño Francés, o itinerario con máis referencias na literatura odepórica. A Jorge Grissaphan, cabaleiro do século XIV, debemos o relato máis temprán desta ruta nas súas Visiones Georgii. Tras alcanzar Compostela coma peregrino, deseoso de permanecer en Galicia como eremita foi informado dun "lugar moi solitario, deserto e apartado notablemente dos homes e das súas vivendas, sitdo entre montes altísimos que case ninguén frecuentaba; trátase do monte de San Guillermo, no cabo Fisterra. Sen embargo, e despois de cinco meses, tivo que marchar por ser moitos os que o visit_gaaban -algúns, con seguridade peregrinos.

A finais da Idade Media abundan as relacións, por exemplo a de Nompar II, o señor de Caumont (1417), que pasou por Maroñas e fala de San Guillermo "do deserto".

A finais do século XV, o polaco Nicolas Popielovo, foi a Fisterra, en cuia igrexa se ganaba polo de entón a indulxencia plenaria.

Entrado o século XVI, o veneciano Bartolome Fontana visit_gaa Fisterra, seguindo, dende A Coruña, A Costa da Morte (1539). En Fisterra recorda o hospital e fala dos guías que conducían aos peregrinos ata a ermida de San Guillermo.

Doménico Laffi, catro veces peregrino a Santiago, en 1673 achegouse a Fisterra, onde menciona a igrexa de Santa María e ao fanal con lume para orientar aos navegantes. Estos e outros relatos contan con detalle os arredores do monte de San Guillermo e a súa ermida.

En 1745, o Padre Sarmiento escribe: Non fai moito tempo, había unha pila ou cama de pedra na que se deitaban marido e muller que, por estériles, recurrían ao Santo e a aquela ermida

Compartir: