Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Faro de Fisterra

Construído en 1853, a 138 m. sobre o mar, protexe unha das costas máis perigosas. 

Situación

É o faro máis occidental e emblemático de Europa, considerado tradicionalmente como o cabo da fin do mundo, "Finis Terrae".

Este punto avanza sobre o mar uns 5 qms en dirección sur, en paralelo ao granítico Monte Pindo formando a protexida e fermosa ría de Corcubión.

Durante miles de anos pensouse que cada noite o sol apagábase nas súas augas, e máis alá del só existía unha rexión de tebras e monstruos.

Arquitectura

Este edificio, forma parte dun interesante conxunto da arquitectura fareira.

É obra do enxeñeiroFélix Uhagón e ten categoría de faro de primeira orde.

A torre, feita de cantería, é de base octogonal e acaba nunha cornisa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda cunha linterna poligonal, a 138 metros sobre o nivel do mar.

Orixinariamente funcionaba con lámpada de aceite, despois de diversas reformas electrificouse con lámpadas de incandescencia, emitindo un destello cada cinco segundos cun alcance para tempo ordinario de 31 millas mariñas (57 qm).

O edificio anexo ao faro é a Sirena, popularmente coñecida coma avaca de Fisterra. Obra de Ángel García del Hoyo entrou en funcionamento en 1889 para os días nos que a néboa impedía ver a luz do faro. Emite dous sonidos estridentes cada minuto, cun alcance de 25 millas (46 qm) en tempo medio.

O terceiro edificio que compón o conxunto arquitectónico é o Semáforo, situado a máis altura có propio faro. Data de 1879 e a súa misión orixinal era a de emitir sinais para a mariña de guerra. Actualmente, este edificio, rehabilitado por César Portela, é unha hospedaría de turismo rural.

Lenda

Hai autores que identifican o Cabo Fisterra co antigo promontorio nerio, outros sitúan neste lugar ao Ara Solis, na que se practicaba culto ao Sol. Hai cerca deste lugar unha serie de pedras vinculadas a lendas de tipo relixioso: as pedras santas, as pedras manchadas de viño, a silla de pedra, a tumba de Orcabella, etc.

Segundo o historiador clásico Lucio Floro, Décimo Junio Bruto, no ano 137 a. de J., chegou a este promontorio e non quixo marchar sen antes contemplar como o Sol se sumerxía no mar chirriando coma un ferro ao roxo vivo que se introduce na auga.

O Centulo

Dende este emblemático faro podemos contemplar o Centulo, antigamente coñecido coma Centulo (demo), onde innumerables buques coma o Captain, o Blas de Lezo, oBitten, entre outros naufragaron. Está a 700 metros da costa elévase 25 metros sobre o nivel do mar. Ademais pódese disfrutar dunha das máis fermosas vistas da costa e das máis impresionantes postas de sol. Os arredores desta rocha, que limita a forma da cuncha do crustáceo ao que lle debe o seu nome, son zonas de duro traballo para os mariñeros do litoral.

Compartir: