Igrexa Parroquial de Santa María Das Areas
Santa María das Areas de Fisterra érguese na estrada de acceso ao faro, na falda do monte do cabo.
Historia
A súa orixe establécese no ano 1199 segundo escrito de donación de Doña Urraca Fernández, filla do Conde de Traba que reza “V. modios de pane et tertian vacarum mearum de montealto. Ad opus ecclesie Ste. Marie de finibus terre”. Orixinariamente tiña pranta de salón (cuadrangular) pero co paso dos tempos fóronselle adosando varias capelas e a sacristía.
A lendaria vinculación do Apóstolo Santiago con estas terras fixo que Fisterra fora moi visit_gaada coma final do Camino, para orar ante oStmo Cristo, de tal forma que nos séculos XIV, XV e XVI foi tal o número de peregrinos que o párroco da vila, Alonso García, decidiu fundar o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario en 1479, construído fronte á fachada principal da igrexa.
Destaca neste templo a súa riqueza artística, sempre influenciada polas correntes arquitectónicas aplicadas na catedral de Santiago, e polo influxo do Camino de Santiago, sen dúbida polo elevado número de peregrinos que tras visit_gaar a tumba do Apóstolo dirixíanse a estas terras para rezar ante o Stmo Cristo e ver o mar, moitos deles por primeira vez na súa vida.
Esta custodia de campaniñas que se emprega nas procesións do Corpus, estivo culto durante moitos anos no interior da igrexa sen dúbida fíxose desaparecer ante o temor de que naves francesas, que por esas datas devastaban estas costas, saqueando as igrexas.
Afortunadamente foi recuperado en 1890, durante unhas obras de reforma.
Capela e Imaxe do Santísimo Cristo de Fisterra
A capela ten pranta rectangular e estilo barroco. Hai investigadores que atribúen a súa autoría ao mestre Domingo A. de Andrade, destacado artista na construcción daCatedral de Santiago, ou ben a Fray Gabriel de las Casas. En todo caso a súa construcción iniciouse en 1695 para albergar o retablo que ampara a imaxe do Stmo. Cristo de Fisterra. Dito retablo data de 1721, é obra de Miguel de Romay, da súa etapa de madurez artística.
Segundo a tradición, a imaxe gótica do Cristo(principios do s. XIV) é obra de Nicodemus. Conta a lenda que era transportada por un barco que houbo de arroxala ao mar, en punta Cabanas, a fin de amainar o temporal que azotaba a zona e proseguir así a súa viaxe. Entre os máis famosos milagres do Cristo da Barba Douradadestaca a conversión duns mouros que tras desembarcar preto da igrexa irrumpiron nela coa intención de profanala. Existen outras imaxes similares en Burgos e Ourense, procedendo esta última dun regalo do bispo Fisterrán Vasco Pérez Mariño, ao pasar a rexir a sede episcopal de Ourense.
Capela Maior
Esta Capela (de mediados do S.XIV) forman parte do deseño primixenio do conxunto da igrexa, xunto coa nave central, que formaban un todo antes da incorporación das restantes capelas conservando numerosas partes do s. XII.
Destacan aquí o sagrario barroco, a ventá do muro testeiro, de orixe románica, e a magnífica imaxe da patroa da parroquia, Nosa Señora das Areas, obra renacentista da primeira metade do século XVI.
Así mesmo, ata principios do presente século existiu un retablo maior de estilo barroco realizado por Francisco Antas en 1640 que desafortunadamente perdeuse e do que só se conservan debuxos.
Probablemente parte da imaxinería que se conserva na actualidade aloxábase neste retablo maior, co Santiago Peregrino da nave central.
Capela da Purísima e Capela da Nosa Señora do Carme
Recibía o nome de Nosa Señora da Quinta Angustia e San Miguel. Foi fundada por Roy Estévez e Alverta González o 3 de Abril de 1496. De estilo gótico Borgoñano, esta capela, á que se accede a través dun arco apuntado, ten coma característica destacable a bóveda de crucería.
A Capela da Nosa Señora do Carme baixo a advocación da Nosa Señora do Rosario, que deu nome a esta capela durante moitos anos, foi fundada por María Blanca, viúva do mercader Fernando de Mallo o ano1524. De estilo plateresco, o seu interese radica por ser unha plasmación das primeiras repercusións artísticas en Galicia do novo claustro da catedral compostelana, repitíndose a bóveda e o escudo arzobispal. O retablo, decorado co escudo da orden carmelita, foi doado por Matheo Pérez Valdivieso en 1741.
Nave Central, Baptisterio e Porta Santa
A nave central data de principios do S.XV, cos seus arcos e semicolumnas góticas, se ben partes de lenzo do seu muro norte, coma a ventá do muro testeiro, ou a portada principal están datadas a finais do s. XII. Destaca a imaxe de Santiago Peregrino, do S.XVII.
O baptisterio recibía o nome de Capela de Santa Lucía e é a máis antiga das capelas adosadas á nave central ao longo dos séculos. Probablemente foi fundada entre 1225 e 1250, e o seu estilo é enteiramente gótico tanto o seu arco de entrada coma a súa bóveda de crucería. Conserva no seu interior dúas sepulturas de benfeitores desta edificación.
A Porta Santa é unha porta travesa das escasas mostras do estilo Egasen Galicia, decorada no seu exterior con motivos acantiformes, e franqueada por dous escudos: dos Feijoo e dos Recamán. Esta Porta Santa é a ruta de entrada ao templo nos actos do Ano Santo.