Capela da Nosa Señora do Bo Suceso

Encravada na céntrica e popular Praza de Ara Solis.
Este templo, de estilo barroco, do séculoXVIII, ten unha soa nave, cunha capela maior de pranta cadrada, onde aparece unha inscrición dunha cruz grega.
A fachada principal, de forma rectangular, ten sobre a porta de entrada un frontón quebrado co escudo fundador da capela.
Péchase a edificación cun pequeno adro pechado cun cruceiro no centro.
A capela maior posúe un retablo barroco, presidido pola imaxe da Virxe do Socorro