Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Oferta de Lecer


Oferta de Lecer

BUCEO FINISTERRE

  • Paseo da Ribeira s/n. 15.155 - Fisterra

Centro de mergullo. Un centro creado para desfrutar do mar, da gran riqueza dos fondos mariños e descubrir a súa inmensa biodiversidade neste lugar do fin do mundo: Fisterra. No noso centro terás acceso ás seguintes instalacións:

Equipamento de mergullo. Non precisas traer ningún equipo. No noso centro, proporcionámosche todo o que necesitas para un mergullo seguro e agradable baixo a supervisión e guía do noso instrutor PADI.

Buque «A MUNIS» Dispoñemos dunha embarcación semirríxida pneumática de 7,70 metros de eslora e 2,90 metros de manga, que está equipada cun motor de 200 CV, equipos de navegación de última xeración e unha capacidade para 12 persoas co seu correspondente equipamento. 

CRUCEROS FISTERRA

  • Puerto de Fisterra. 15155 - Fisterra

Ofrecen unha experiencia de aproximadamente 1 hora en barco pola espectacular Ría de Corcubión. O barco conta con visión submarina e permite a observación non só dos fondos mariños senon tamén das fermosas praias da zona. Estas espectaculares vistas están acompañadas dun aperitivo con produtos da zona, amosando así a afamada gastronomía galega en xeral e a fisterrá en particular.
 
A viaxe máis demandada e a última da tarde que coincide coas espectaculares do solpor que grazas a estas saídas se poden ver desde o mar, forma única e excepcional de vivir o final do sol no final do Camiño.

Accesibles. En Cruceros fisterra contamos con rampa adaptada. Para que tod@s podan acompañarnos.
Pet friendly. A tua mascota tamén puede acompañarnos e ser benvida no barco de Oliver.
Por favor, recorda ser puntual. Debes chegar con 15 minutos de antelación.
No caso da Ruta especial do solpor é preciso estar 1 hora antes da saída.

LANGOSTEIRA´S FITNESS & FUN

  • Praia da Langosteira s/n. 15155 Fisterra - Fisterra

Deporte e diversión en Fisterra. Empresa dedicada á ximnasia dirixida, xogos de praia, alquiler de kayak, tumbonas e pedaletas nas inmediacións da praia da Langosteira.

NAUTURFIS

  • Pantalán, s/n . 15155 - Fisterra

Excursións en barco. Precorridos ata a illa A Lobeira, Fisterra e Ézaro dunha forma totalmente diferente.
 
Actividade perfecta para realizar en familia ou con amigos. Todo isto irá acompañado dun bo aperitivo ao máis puro estilo galego e cunha bebida por persoa.
 
NauturFis Turismo Náutico de Fisterra emprega unha embarcación de recreo para promocionar, a través de rutas e actividades turístico-mariñeiras e pesqueiras na Costa da Morte, así como tamén a posibilidade de poder alquilar o barco.
 
HORARIO DE SALIDAS REGULARES
11:00h | 16.00h | 18:30h | 20:30h

NAVEGA FINISTERRE

  • Rúa da Potiña, 14 . 15155 - Fisterra

Con navega Finisterre poderás facer paseos en barco nas seguintes Rutas:

* Ruta Gastronómica
* Ruta Peregrina
* Ruta Posta do Sol
* Ruta Mariñeira

-Taximar
* Ruta Lobeiras
* Ruta Ezaro

-Actividades Acuáticas: Kayaks, Lanchas Rápidas....

WELLNES CENTER PLAYA LANGOSTEIRA

  • Avenida da Anchoa, nº 5. 15155 - Fisterra

Servizos:
Ximnasio completo, spa con baño turco, sauna e circuito termal, zona de masaxes e clases en grupo de zumba, pilates e aerobic.

 HORARIO: De Luns a Domingo

  • Mañás 8:00 AM – 1:00 PM
  • Tardes: 3:00 PM – 10:00 PM

Compartir: