Lonxa de Fisterra
Localización.- Paseo da Ribeira (Lonxa Nova) s/n. Porto de Fisterra.
15155 Fisterra - A Coruña
Coordenadas: 42º 54´ 21.4" N - 9º 15´ 42.4" W
Teléfonos:
+34 981 740 379
+34 981 740 079
e- mail: cofradia@cofradiafisterra.org
A Lonxa do Porto de Fisterra é un edificio obra da arquitecta Covadonga Carrasco López, da firma de arquitectos Creus & Carrasco, formada xunto a Juan Creus Andrade. Esta lonxa está considerada como a primeira lonxa de peixe turística de Galicia.
A Lonxa foi construída entre 2004 e2006, inaugurada no ano 2008. Está ubicada no porto de Fisterra (Paseo da Ribeira, Lonxa nova s/n ).
Trátase dunha obra de 2.658 metros cadrados cun edificio para a nova lonxa, armadores e oficinas do porto así como un anexo de instalacións para servicios relacionados coa actividade que na lonxa se leva a cabo e tamén para a sua funcionalidade turística, como é o espazo para información, exposición de material didáctico ou de control.
Una das novedades do proxecto, foi o próposito de conseguir que a lonxa se convertise na primeira lonxa que incorporou ao turismo as súas actividades cotiás de venda de peixes e mariscos. Desta maneira o proxecto compaxina á actividade portuaria e as actividades turísticas, intentando recuperar e innovar, ó tempo, a fronte marítima de Fisterra.
Na lonxa permítese a entrada para poder asistir a subasta de peixe, ideando un sistema que non interfire entre o mundo da actividade pesqueira e o sector turístico. Existen unhas pasarelas polas que os visitantes poden realizar un percorrido das instalacións sen entrar nas zonas de actividade económica, e ó mesmo tempo teñen unha sala permite ver tras una gran cristaleira a subasta do peixe.
Para a construción utilizáronse materiais como vidro, metal, muros de formigón, chapa de aluminio; chans de formigón pulido, resinas e granito; aceiro esmaltado e inoxidable.
O edificio ten como cuberta un gran alero que sirve como praza e lugar de traballo en cuberto para os mariñeiros.
Durante todo o ano pódense realizar visitas pero previamente tense que consultar coa confraría de pescadores que é a encargada da organización de toda a lonxa.