Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Lonxa de Fisterra

Localización.-Parroquia: Fisterra (Santa María)
Lugar: Fisterra
Rúa: Paseo da Ribeira (Lonxa nova) s/n
15155  Fisterra - A Coruña
Coordenadas:42º 54´ 21.4" N - 9º 15´ 42.4" W
Teléfonos:
+34 981 740 379
+34 981 740 079
+34 981 740 079
cofradia@cofradiafisterra.org

A Lonxa do Porto de Fisterra é un edificio obra da arquitecta Covadonga Carrasco López, da firma de arquitectos Creus&Carrasco, formada xunto a Juan Creus Andrade. Esta lonxa está considerada como a primeira lonxa de pescado  turística de Galicia. 

A Lonxa, foi construída entre 2004 e2006, inaugurada no ano 2008. Está ubicada no porto de Fisterra (Paseo da Ribeira (Lonxa nova) s/n. 

Trátase dunha obra de 2658 metros cadrados  cun edificio para nova lonxa,  armadores e oficinas do porto así como un anexo de instalacións para servicios relacionados coa actividade que na lonxa se leva a cabo e tamén para  a sua funcionalidade turística, como é o espazo para información, exposición de material didáctico ou de control.

Una das novedades do proxecto, foi o próposito de conseguir que a lonxa se convertise na primeira lonxa que incorporou ao turismo as súas actividades cotiás de venda de peixes e mariscos. Desta maneira o proxecto compaxina á actividade portuaria e ás actividades turísticas, intentando recuperar e innovar, o tempo, a fronte marítima de Fisterra.

Na lonxa  permítese a entrada para poder asistir ás subastas de pescado, ideando un sistema que non interfire  entre o mundo da actividade pesqueira  e o sector turístico. Existen unhas pasarelas polas que os visitantes poden realizar un percorrido das instalacións sen entrar nas zonas de actividade económica, ó mesmo tempo, unha sala permite ver, tras una gran cristaleira, a subasta do peixe.

Para a construción  utilizáronse  materiais  como vidro, metal, muros de formigón, chapa de aluminio; chans de formigón pulido, resinas e granito; aceiro esmaltado e inoxidable.​

O edificio ten como cuberta un gran alero que sirve como praza e lugar de traballo en cuberto para os mariñeiros.

Durante todo o ano pódense realizar visitas pero previamente tense que consultar coa confraría que é a encargada da organización de toda a lonxa.

Share: