Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Castelo de San Carlos

Este edificio, de forma irregular para adaptarse ao terreno rochoso sobre o que está asentado, ten o seu inicio baixo a dirección dos enxeñeirosDemaur e Exaccha.

Foi construído a mediados do S. XVIII (1757) dentro dun plan defensivo da ría de Corcubión xunto co Castelo do Príncipe, en Ameixenda (Cee) e o doCardenal, en Corcubión, sen embargo, naquela época só se levou a cabo o reformulamento xeral do castelo, a explanación do solar, a cimentación sobre rocha a base de pedra e barro e un tramo de muralla.

Non se reamtou ata 10 anos despois por Real Orden de Carlos III.
Tras o incendio e destrucción que lle sobreveu no asalto francés a Fisterra durante a Guerra da Independencia, contaba con tres frontes e unha nave interior coa dependencia do oficial, o cuartel e o polvorín. Posteriormente reformouse a nave central. Foi restaurado recentemente.

Compartir: