Praias
Dentro do Termo Municipal atopamos magníficas praias e para todos os gustos.
Langosteira

Precioso areal de 2 kms de longo onde se funde a praia co monte.
Esta praia pertence a parroquia de San Martiño de Duio e conta cos servizos precisos para atender o alto número de visitantes que recibe na época estival.
Nela celébrase todos os anos polo mes de xullo a Festa da praia, na que participa todo o pobo e gran cantidade de turistas.
Talón
Escondida entre pinares próxima ao Camiño de Santiago, atópase esta tranquila e resgardada praia.
Arnela
Esta pequena praia aparece coma unha recóndita cala de areas brancas rodeadas de salvaxes acantilados.
Ribeira
Enseada de augas tranquilas dentro da propia vila, resultando ideal para o disfrute dos nenos.
Corbeiro
Preciosa cala situada preto do castelo de San Carlos, moi tranquila e de impresionante beleza.
Mar de Fóra

Solitaria e recollida pero mirando ao mar aberto, sendo conxuntamente coa Praia de Rostro e Arnela, perigosas para o baño polas súas correntes mariñas. Pertence a parroquia de Santa María de Fisterra
Aislada de núcleos urbanos cunha lonxitude que alcanza os 500 m, ten forte oleaxe e vento. Está protexida dentro do programa de Rede Natura 2000.
Sardiñeiro
No pequeno pobo de Sardiñeiro, atópase esta praia de area fina e tranquilas augas, onde se poden ver marabillosas vistas da ría.
O Rostro
Aberta ao Océano Atlántico, conta cun interesante sistema dunar que se extende ao longo dos seus case tres quilómetros de lonxitude.
É un dos poucos areais que poden calificarse como prácticamente virxe.
Protexida por Rede Natura 2000.
Restrelo
Pequena praia de 85 metros situada ao lado de Sardiñeiro.
Pequena de Estorde
Sardiñeiro - Fisterra