Ara Solis

Conta a tradición que os romanos encontraron no lugar un altar ao sol (Ara Solis) construído polos fenicios e que o Apóstolo Santiago mandaría destruír pouco despois.
A memoria deste altar aínda perdura nas lendas fisterranas e no nome da praza máis típica da antiga vila. Unha rocha en forma de mesa cadrada metida uns metros no mar, na punta do cabo, recibe tamén o nome de Ara Solis, tal vez polo seu parecido coa mesa dun altar.