Cidade de Dugium

Da época romana e misturados con obxectos anteriores a ela descubíronse nas parroquias de Duio innumerables restos que testemuñaban a existencia dunha poboación importante.
A tribu celta dos nerios habitaba nestas terras e pode ser que nesa zona chá de Duio tivera o seu principal asentamento. Da época sueva coñécese o detalle dun castigo infrinxido polo rei Reckila á cidade de Dugium, Duio na denominación medieval, por destruír os seus habitantes os templos celtas e arriáns.
Foi unha cidade cosmopolita cun gran porto ao servizo dunha actividade comercial intensa, gobernada pola raíña Lupa, que xogou un importante e decisivo papel no emprazamento da tumba do Apóstolo Santiago ao negarse a darlle sepultura nas súas terras. Dela consérvanse numerosas e importantes achados de ferramentas, cerámica, etc., resultado de excavacións realizadas no lugar do suposto emprazamento desta cidade.