Santo Cristo
A partir do S XIV, conta a lenda coma os pescadores da zona viron a un barco en dificultades no medio dunha tempestade sen poder avanzar, coma si estivese ancrado. Observaron como dende a embarcación arroxaban unha caixa ao mar e que tras verse librado da carga o barco puido seguir a súa viaxe.
Unha vez que a caixa chegou a terra, os mariñeiros abrír e descubriron a imaxe do Santo Cristo, imaxe atribuída a Nicodemus, considerando que a súa vontade era quedarse nestas terras. Dende ese momento, despertou gran devoción e adquiriu fama en toda a rexión por fieis que visitan ao Santo Cristo, maiormente na Semana Santa.
Esta imaxe é dun impresionante realismo, destacando a súa profunda humanización: é de tamaño natural, dise que as unllas son dun home, que emite suores de morte e que lle crece o pelo e as unllas.
Entre os milagres cóntase o de converter ao cristianismo a uns moros que quixeron profanar a igrexa.