Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Oferta de Lecer


Oferta de Lecer

BUCEO FINISTERRE

  • Paseo da Ribeira s/n. Fisterra

Centro de buceo e tenda de artigos de pesca.

Centro especializado en Inmersións, Bautizos de Mar e Cursos de Buceo.

Gran reputación entre os buceadores da zona e xente do mar polo seu bo facer e a gran experiencia en realizar inmersións en lugares onde se atopan fundidos barcos de diferentes séculos.

CRUCEROS FISTERRA

  • Puerto Marinero de Fisterra. 15154 - Fisterra

Ofrecen unha experiencia de aproximadamente 1 hora en barco pola espectacular Ría de Corcubión. O barco conta con visión submarina e permite a observación non só dos fondos mariños senon tamén das fermosas praias da zona. Estas espectaculares vistas están acompañadas dun aperitivo con produtos da zona, amosando así a afamada gastronomía galega en xeral e a fisterrá en particular.
 
A viaxe máis demandada e a última da tarde que coincide coas espectaculares posta do sol que grazas a estas saídas se poden ver desde o mar, forma única e excepcional de vivir o final do sol no final do Camiño.

LANGOSTEIRA´S FITNESS & FUN

  • Praia da Langosteira s/n. 15155 Fisterra - Fisterra

Deporte e diversión en Fisterra. Empresa dedicada á ximnasia dirixida, xogos de praia, alquiler de kayak, tumbonas e pedaletas nas inmediacións da praia da Langosteira.

NAUTURFIS

  • Pantalán, s/n . 15155 - Fisterra

Excursións en barco. Precorridos ata a illa A Lobeira, Fisterra e Ézaro dunha forma totalmente diferente.
 
Actividade perfecta para realizar en familia ou con amigos. Todo isto irá acompañado dun bo aperitivo ao máis puro estilo galego e cunha bebida por persoa.
 
NauturFis Turismo Náutico de Fisterra emprega una embarcación de recreo para promocionar a través de rutas e actividades turístico-mariñeiras e pesqueiras na Costa da Morte, así como tamén a posibilidade de poder alquilar o barco.
 
HORARIO DE SALIDAS REGULARES
11:00h | 16.00h | 18:30h | 20:30h

NAVEGA FINISTERRE

  • Rúa da Potiña, 14 . 15155 - Fisterra

Con navega Finisterre poderás facer:
-Paseos en barco coas seguintes Rutas:
* Ruta Gastronómica
* Ruta Peregrina
* Ruta Posta do Sol
* Ruta Mariñeira
-Taximar
* Rutas Lobeiras
* Ruta Ezaro
-Actividades Acuáticas: Kayaks, Lanchas Rápidas....

WELLNES CENTER PLAYA LANGOSTEIRA

  • Avenida da Anchoa, nº 49. 15154 Fisterra - San Martiño de Duio

Ximnasio, spa, zona de masaxes e solárium
 

Compartir: