Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Cruceiro de O Castro. Adrio

Cruceiro Tipo de Crucifixo.

A plataforma é cuadrangular de catro grados.

Pedestal octogonal, rematado con chafláns.

A columna do Cruceiro é de forma circular, con pedestal cuadrangular.

O capitel cuadrangular moldurado.

A cruz é circular e leñosa.

DESCRICIÓN:

Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, sinalando co índice de ambas mans. Corona de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda e INRI nun pergamino.

Reverso: Virxe en actitude de orar. Mans en cruz sobre o peito. Sita sobre peana con follas.

O material é granito..

Compartir: