Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Cruceiro de San Salvador

Cruceiro Tipo de Crucifixo.
A plataforma é cuadrangular dun grado. Pedestal octogonal, rematado con chafláns. A columna do Cruceiro é de forma circular, con pedestal cuadrangular recuadrado.

O capitel é cuadrangular moldurado.

A cruz é cuadrangular cos brazos con chafláns e remates florenzados.

DESCRICIÓN:

Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza erguida, mans abertas. Sen corona, pano de pureza anudado á dereita.

Reverso: Virxe en actitude de orar. Mans xuntas. Imaxe metida nunha furna.

O material é granito.

Compartir: