Cruceiro do Cemiterio
Cruceiro Tipo de Crucifixo.
A plataforma é cuadrangular de tres grados. Pedestal cuadrangular, rematado con chafláns. A mesa adosada. A columna do Cruceiro é octogonal, con pedestal cuadrangular liso.
O capitel é cuadrangular moldurado.
A cruz é cuadrangular cos brazos con chafláns e remates florenzados con botón central.
DESCRICIÓN:
Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, inclina a cabeza á dereita, mans abertas. Sen corona, pano de pureza anudado á esquerda.
Reverso: Virxe en actitude de orar. Mans xuntas. Sobre peana dun anxo alado.
O material é granito.