Fábricas Antigas
Destacaremos as antigas fábricas de conserva e salazón de sardiña e outras especies e que chegaron a ser ata 9, dende finais do S.XIX á década dos anos 50, na que desapareceron por completo e que daban traballo a un gran número de persoas coma toneleiros, saladores, prensadores, transportistas.
Algúns dos edificios que albergaron estas factorías e as dependencias que se utilizaban coma almacéns teñen hoxe un uso distinto, mentres que outros despareceron ou transformáronse por completo.