Igrexa Parroquial de San Vicenzo de Duio
Este templo, levantado ao pé dun castro, é de estilo barroco. Séculos XVII-XVIII.
Ten pranta de salón cun gran prebisterio rectangular e unha soa nave, dividida en catro tramos.
A fachada remata cunha espadaña construída en1863.
Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicente, o patrón da parroquia de Duio.
Este templo foi saqueado durante a invasión napoleónica e un incendio destruiu os arquivos parroquiais.