Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Igrexa Parroquial de San Martiño de Duio

Cronolóxicamente a súa orixe sitúase entre os séculos XVIII e XIX, de estilo barroco.

Esta igrexa ten pranta de salón cunha capela maior con sacristía adosada ao lado norte e unha soa nave.

A fachada principal é de traza pentagonal.

Sobre a porta principal hai unha escultura de granito cunha imaxe que representa ao santo titular, San Martiño.

Esta igrexa foi profanada polas tropas francesas na Guerra da Independencia.

Compartir: