Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Monte Seoane

O relevo de Fisterra ten no Monte Seoane (249m) a súa cota máis alta, onde descende bruscamente cara o mar, configurando esa paisaxe abrupta e enérxica que caracteriza ao municipio.

A súa situación fronte ao istmo de Langosteira e ao Cabo Fisterra permítenos obter unha das mellores vistas do propio Cabo, o porto, a ría, o Monte Pindo, as Illas Lobeiras e toda a costa ata Corrubedo.

Ás faldas deste monte, pasando o lugar de Mallas, hai un interesante conxunto etnográfico formado por doce muíños de auga, seguindo o curso do río.

Tamén nos seus límites podemos atopar o chamado Cruceiro da Rapadoira, cunha espléndida imaxe da Piedade.

Compartir: