Mercados e festas
MERCADO LOCAL
Martes e Venres.
Porto de Fisterra
ENTROIDO
Data variable.
Concurso de comparsas.
Fisterra
SEMANA SANTA
Festas do Santo Cristo de Fisterra
Fisterra
SAN XOÁN
24 de xuño. Verbenas.
Sardiñeiro.
CARNAVAL DE VERÁN
2ª fin de semana de Xullo. Fisterra
FISTERRA ARROUTADA FEST
20 Xullo.Fisterra
FESTA DA PRAIA
Último fin de semana de xullo. Fisterra.
LONGUEIRÓN E DESEMBARCO PIRATA
1º Domingo de agosto. Festa gastronómica.
Fisterra.
FESTAS DO CARME
2ª Semana de agosto. Verbenas.
Sardiñeiro.
FIN DO CAMIÑO
Festa Folk.
3º Fin de semana de agosto.
Anchoa.
8-9-10 SETEMBRO
Festas mariñeiras e patronais na honra da Virxe do Carme. Procesión Marítima e Verbenas.
Fisterra.
Semana Santa - O Cristo
As festas do Santo Cristo, celébranse durante a Semana Santa.
As diversas escenificacións da Pasión de Cristo fanse o Xoves e Venres Santo e son seguidas por miles de romeiros nas inmediacións da Igrexa de Santa María das Areas.
O día principal é Domingo de Resurrección, cando, trala representación, se baila a danza dos paos unha interesante manifestación artística que ten a súa orixe no S. XVII.
Actos de Semana Santa
VENRES DAS DOLORES
Misa, Novena e Procesión das Dolores polo pobo.
DOMINGO DE RAMOS
Bendición dos Ramos, procesión e Santa Misa.
XOVES SANTO
Representación vivinte da última cea e lavatorio de pés. Este acto cheo de simbolismo é recreado dende antaño por mariñeiros da localidade e constitúe unha das cerimonias máis entrañables da Semana Santa.
VENRES SANTO
Solemne acto do Santo Encontro na praza. As imaxes de Xesús o Nazareno, a Virxe das Dolores, San Xoán, a Verónica, Simón o Cireneo, mistúranse con personaxes vivintes recreando un Via Crucis característico que conclúe na Igrexa Parroquial coa representación do calvario. Caída a tarde na igrexa parroquial celébrase a liturxia do día e a continuación o acto do Desencravo, que dará lugar á procesión do Santo Enterro considerada unha das máis tradicionais de Galicia.
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
Escenificacións con persoaxes vivintes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a Resurrección do Señor en forma de proclama ao mundo enteiro co tradicional Aleluia.