Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Fisterra


Municipio Turístico Galego

O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra; e punto final tamén do Camiño de Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra cautivou dende antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse á fin do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.

Antigos xeógrafos grecorromanos ubican aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruír ao pouco tempo.

A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillermo, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas seguen vivas, cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que se asoma a visitar a Fin do Mundo.
   

O pobo de Fisterra, está formado por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o porto. As súas casas e estreitas rúas son dun gran tipismo e orixinalidade.

No centro atópase a Praza de Arasolis, nas aforas, de camiño ao faro, atopamos o monumento máis interesante da vila: a Igrexa de Santa María das Areas e dentro do conxunto histórico da vila destaca tamén o Castelo de San Carlos.

 

O seu porto é o maior lugar de actividade do pobo e a súa lonxa a primeira lonxa turística de Galicia. A flota está formada por pequenos barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas, betas, etc.

A cualquera hora do día que paseemos polo porto, atopamos mariñeiros que van ou veñen de pescar, reparando as súas redes ou na lonxa subastando o peixe.

O sector pesqueiro é un dos máis tradicionais do pobo.

A boa calidade do peixe e marisco que hai na zona fai que os produtos teñan unha gran demanda nos mercados.

A vexetación herbácea sobrevive a duras penas nun terreo azotado por fortes ventos e forte salinidade. Aínda así progresan os breixos húmidos de Erica Tetraliz y E. Ciliaris, breixos secos, orquídeas, xestas (algunha endémica de Galicia), centáureas, plantas de acantilado coma Armenia e algunha plantación de pino e eucalipto. A vexetación adaptada ao complexo dunar que adorna a Praia do Rostro, unha das máis salvaxes do litoral galego, presenta a vexetación psamófila posiblemente mellor conservada de Galicia.

Fisterra é un extraordinario enclave para a observación do paso migratorio de multitude de aves mariñas que ademais buscan refuxio e repouso nos areais e enseadas pantanosas entre as Praias de Rostro e Langosteira. Os illotes rochosos coma os das Illas Lobeiras albergan unha importante colonia de gaivota arxéntea, gaivota sombría, patiamarela e cormorán moñudo.

Plan estratéxico de Turismo

Compartir: