Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Cruceiro de Santa María das Areas

Cruceiro Tipo de Crucifixo.

A plataforma é cuadrangular de tres grados.

Pedestal octogonal, rematado con chafláns. A columna do Cruceiro é de forma octogonal, comeza cadrado e ten adornos nos chafláns.

O capitel é octogonal, astrágalo octogonal, liso, ábaco de lados rectos, follas de acacia e flores.

A cruz é gótica con remates de forma potenzada.

DESCRICIÓN:

Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, inclina a cabeza á dereita, mans abertas. Con corona de espiñas, pano de pureza , dosel e está acompañado da Virxe e San Xoán.

Reverso: Virxe con neno sedente. Con dosel.

O material é granito.

Compartir: