Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Cruz de Baixar

Cruceiro Tipo de Crucifixo.
Non ten plataforma. Pedestal cuadrangular, rematado con chafláns. A columna do Cruceiro é cadrada con chafláns.

O capitel é cuadrangular.

A cruz é cruciforme con pedestal e brazos ornamentados.

DESCRICIÓN:

Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, inclina a cabeza á dereita, mans abertas. Con corona de espiñas, nimbo crucífero, pano de pureza. INRI con cartela.

Reverso: Inmaculada co Neno Xesús no colo. Con nimbo, con rosario e coa lúa os seus pés.

O material é granito.

Compartir: