Cruceiro da Rapadoira
Este cruceiro marcaba a entrada do Antigo Camiño Real polo Val de Duio. Era paso obrigado para os peregrinos que viñan de Santiago de Compostela.
Cruceiro Tipo de Crucifixo.
A plataforma é cuadrangular de tres grados.
Pedestal cuadrangular.
A columna do Cruceiro é cadrada con mediacaña.
O capitel é octogonal, astrágalo octogonal, liso, ábaco de lados rectos, volutas.
A cruz é cruciforme con brazos ornamentados e remates florenzados.
DESCRICIÓN:
Anverso: Cristo crucificado con tres cravos, inclina a cabeza á dereita, mans pechadas. Con corona de espiñas, pano de pureza anudado á esquerda. INRI en cartela
Reverso: A Virxe da Piedade.
O material é granito.