Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Igrexa Parroquial de San Xoan

É de estilo barroco-neoclásico, do S. XVIII-XX.

A súa pranta é de salón, con muros grosos e unha soa nave. Ten tres portas de acceso á nave.

A fachada actual, neoclásica, conserva do estilo barroco a moldura das ventás e en 1900engadíuselle a espadaña.

Esta igrexa carece de retablos, xa que foron destruídos nas sucesivas reformas debido o seu mal estado. A ornamentación interior é escasa e só sobresae un crucifixo de grandes dimensións presidindo a capela maior, da escola compostelana do século XX e con claras influencias deFrancisco Asorey e outros escultores galegos de principios de século.

Sobre unha ménsula está a figura de San Xoán Bautista, o santo titular, imaxe moi venerada nesta zona costeira.

Compartir: