Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Monte Veladoiro ou Cabo da Nave

Este vixía atlántico, sito a 243 m de altitude é xeográficamente o máis occidental de Galicia.

Os seus impresionantes acantilados son testemuñas de numerosos naufraxios acontecidos nestas augas da Costa da Morte.

Dende alí pódese presenciar as mellores panorámicas da Desaparición do Sol, engulido polas augas do océano, fenómeno que cautivou a moitos pobos dende moi antigo.

Esta zona, que comprende os Montes Veladoiro e Pión, é dunha singular e salvaxe beleza natural. Un pouco máis ao norte atópase a Punta Castelo, onde rematou a súa singladura o tristemente célebre cargueiro Casón en 1987.

Nesta punta localizamos o emprazamento do Castro de Castromiñán, interesantísima citania marítima encravada nun outeiro do acantilado, defendido polo bater incesante do océano.

Compartir: